← Descargas VR
Barxacova
AV // 004 REALIDADE VIRTUAL · META QUEST
Barxacova
século X
A necrópole rupestre da Ribeira Sacra
DispoñibleSan Vítor de Barxacova, en Parada de Sil, conserva unha necrópole escavada na rocha sobre o canón do Sil. Esta experiencia de realidade virtual reconstrúe a ermida, o poboado e a vida da comunidade monástica que o habitou no século X. Percorre o lugar ao teu ritmo, no teu propio visor.
QUE VAS VIVIR
- A ermida e a necrópole tal como estaban hai mil anos
- O canón do Sil desde o miradoiro da comunidade
- O día a día dos monxes: traballo, oración e hospitalidade
- Percorrido libre e escenas narradas, sen necesidade de PC
REQUISITOS
Visor con modo desenvolvedor ou SideQuest para instalar o APK · 2 GB libres. Como instalar en Meta Quest →