Santiago VR · Billeteira dixital
← Proxectos á medida

AV // 008 PROXECTO Á MEDIDA · CABINA VR + PAGAMENTO

Santiago VR
Billeteira dixital

Unha cabina VR con acceso e pago automatizados

Á medida

Un visor de realidade virtual nun espazo público (oficina de turismo, museo, hotel, festival) sen taquilleiro: o visitante escanea o código QR, paga con tarxeta ou Bizum e o visor desbloquéase durante a sesión. Recibe o recibo por e-mail e o concello ten un panel coas vendas. Santiago VR é o noso escaparate de como funciona.

QUE VAS VIVIR

  • De 1 a 6 visores por cabina, xestionados desde un só equipo
  • Pagamento seguro con tarxeta ou Bizum a través de Redsys (BBVA), sen manipular efectivo
  • O visor só se abre cando o pagamento está confirmado; péchase ao rematar a sesión
  • Recibo por e-mail, panel de administración e auditoría de cada sesión
  • Contido á medida: a catedral, o monumento ou a historia do teu concello

COMO FUNCIONA A BILLETEIRA DIXITAL

01

Escanea

O visitante escanea o QR da cabina co móbil e escolle idioma e experiencia.

02

Paga

Pagamento con tarxeta ou Bizum na pasarela do banco. Nada de efectivo nin de persoal na cabina.

03

Vive

O visor desbloquéase automaticamente e arranca a experiencia durante o tempo contratado.

04

Controla

Recibo ao cliente, panel de vendas para a entidade e soporte remoto de Áurea Visión.