CAPA HISTÓRICA · 001
PATRIMONIO TECNOLOXÍA EMOCIÓN
A historia
non se observa.
Vívese.
Reconstruímos lugares, relatos e personaxes do pasado en experiencias inmersivas: visitas guiadas con realidade aumentada, descargas de realidade virtual e proxectos á medida para o teu espazo.
á experiencia.
Revive o pasado
Convertemos a memoria
nunha experiencia presente.
Combinamos investigación, narrativa e tecnoloxía en tempo real para crear reconstrucións rigorosas, emocionantes e accesibles.
Desenvolvemos experiencias inmersivas e aplicacións 3D interactivas. A nosa experiencia en patrimonio amplíase a ferramentas de aprendizaxe, visualización e formación técnica.
Ver as experiencias → Aplicacións 3D e proxectos tecnolóxicos →Tres xeitos de vivir o patrimonio
Reserva, descarga
ou faino á medida.
Cada experiencia ten a súa ficha con vídeo, localización, duración e prezo. Escolle como queres vivila.
Experiencias con reserva
Realidade aumentada e visitas guiadas no lugar
Visitas guiadas con gafas de realidade aumentada sobre o propio xacemento ou monumento. Reserva a túa praza, paga en liña e preséntate no punto de encontro.
Ver con reserva: todas →Descargas VR
Experiencias de realidade virtual para o teu visor
Reconstrucións históricas completas para Meta Quest. Merca, descarga e instala no teu visor: a Ribeira Sacra ou un castelo medieval, desde a túa casa.
Ver descarga vr: todas →Proxectos á medida
Para administracións, museos, centros educativos e empresas
Deseñamos a experiencia para o teu espazo: cabinas VR con billeteira dixital, rutas de realidade aumentada, recreacións para exposicións ou campañas de turismo.
Ver á medida: todas →Tecnoloxía ao servizo do relato
Unha historia.
Múltiples xeitos de vivila.
Deseñamos o formato axeitado para cada espazo, público e obxectivo, desde unha visita inmersiva ata unha cabina VR con acceso e pago automatizados.
Realidade aumentada
Explora a reconstrución do monumento sobre as súas ruínas durante unha visita guiada con realidade aumentada.
Realidade virtual
Viaxes inmersivas a espazos e épocas que xa non existen, en visor autónomo.
Aplicacións 3D interactivas
Desenvolvemos ferramentas para explorar modelos, consultar información por compoñentes e practicar procedementos guiados desde o navegador.
Recreación histórica
Arquitectura, obxectos e ambientes reconstruídos con rigor documental.
Billeteira dixital
Cabinas VR con pagamento por QR: o visor ábrese só cando o pagamento está confirmado.
Personaxes virtuais
Figuras históricas con voz, memoria e capacidade de interacción.
Demostradores e proxectos en desenvolvemento
Aplicacións 3D
que podes explorar.
Desenvolvemos ferramentas interactivas para visualizar estruturas, aprender mediante a práctica e consultar información en contexto. Estes proxectos mostran distintas aplicacións do noso traballo no navegador, sen instalación.
01
WEB / 3D EN TEMPO REAL Submarino 3D · Formación interactiva
Demostrador de formación técnica que permite explorar un submarino por compoñentes e seguir unha secuencia guiada de montaxe, conexión de sistemas e posta en marcha. Combina un modelo xerado por código con instrucións, comprobación de respostas e visualización do interior mediante cortes e transparencias. Inclúe un modo automático para percorrer o proceso.
Desenvolvemento propio · Modelo procedural · Demostrador de formación
Explorar o simulador ↗
02
WEB / ANATOMÍA 3D Atlas humano 3D · Exploración anatómica
Aplicación educativa para explorar 2.338 estruturas anatómicas e comprender as súas relacións espaciais. Permite buscar pezas, seleccionalas, illalas e axustar a visibilidade dos sistemas mediante transparencias e vistas separadas. Integra modelos de Z-Anatomy e BodyParts3D nunha experiencia de navegación e consulta.
Aplicación propia · Uso educativo
Explorar o atlas ↗
03
WEB / XESTO E CÁMARA Manos Vivas · Talleres por xesto
Aplicación de talleres guiados por xesto para persoas maiores en residencias e centros de día. A cámara le o movemento das mans no propio navegador: non se grava nin se envía vídeo. Os talleres van da cestaría á música con campás, o galiñeiro ou o bingo da comarca.
Desenvolvemento propio · Piloto en probas con acceso por usuario · Sesión individual ou grupo de ata dez
Abrir o piloto ↗Reconstruímos
o que o tempo
borrou.
E convertémolo en algo que pode verse, percorrerse e lembrarse.
Da fonte á experiencia
Rigor para investigar.
Sensibilidade para narrar.
Un proceso interdisciplinar que une patrimonio, creación audiovisual e desenvolvemento tecnolóxico en cada fase.
Comprender o contexto
Documentación, fontes, arquitectura, personaxes e obxectivos culturais.
Deseñar a emoción
Guión, percorrido, interacción e dirección artística ao servizo do relato.
Dar forma ao pasado
Modelado, animación, son e sistemas interactivos en tempo real.
Compartir a experiencia
Probas, adaptación ao espazo, instalación e acompañamento.
ÁUREAVISIÓN
OURENSE / GALICIA
O noso estudio
Unha ponte entre o que fomos e o que podemos imaxinar.
Áurea Visión nace para achegar o patrimonio ás persoas a través de experiencias dixitais con propósito. Traballamos onde se atopan a historia, a creatividade e a innovación.
- Rigor histórico e respecto polo patrimonio
- Deseño centrado na emoción e na aprendizaxe
- Tecnoloxía comprensible, robusta e accesible
O seguinte capítulo
Que historia
queres revivir?
Cóntanos o lugar, o relato ou o reto. Deseñaremos xuntos a mellor maneira de facelo presente. Para reservas e descargas usa a central de reservas ou a tenda VR.